Cierva y Codorniu, Juan de la
Enxeñeiro e inventor, fillo de Juan de la Cierva y Peñafiel. Obtivo o título de enxeñeiro de camiños e de construcións aeronáuticas e o de piloto de aviación. En 1916 entrou na escola de aviación civil de Getafe (Madrid), onde se especializou nos estudios aeronáuticos como proxectista e construtor. Interesado polos problemas da sustentación aerodinámica a baixas velocidades, en 1923, despois de varios ensaios con modelos diferentes, conseguiu que o autoxiro, inventado por el mesmo, voase por vez primeira no aeródromo de Getafe. En 1925 trasladouse ao Reino Unido, onde fundou unha sociedade para o desenvolvemento do seu invento chamada The Cierva Autogiro Co. Construíu 120 prototipos diferentes con novas modificacións. En 1929 realizou o voo Londres-París, co que cruzou o Canal da Mancha. En 1934 conseguiu levantar o voo e a aterraxe vertical sen necesidade de pistas. Morreu en accidente de aviación no aeroporto de Croydon.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Murcia -
Deceso
Lugar : Croydon, Inglaterra