"Colmenar" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao NO de Málaga, na cabeceira do río Guadelmedina (3.138 h [1996]). A economía baséase na agricultura (cereais, oliveiras e viña) e na cría de gando lanar e caprino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao SL da provincia e drenado polo río Tajo na parte meridional do termo (5.596 h [1996]). A agricultura (viña) e a gandería destacan sobre a industria. Son tradicionais as actividades mineiras, sobre todo a explotación de pedra branca. Dentro da cidade sobresae a praza maior porticada e a igrexa gótico-renacentista de Santa María la Mayor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama (28.328 h [1996]). Tradicionalmente, as actividades gandeira (vacúa e ovina) e agrícola, tiveron grande importancia. A proximidade a Madrid aumentou nos últimos anos a actividade industrial, principalmente a metalurxia e as industrias alimentarias, químicas e de papel. Dentro da vila cómpre destacar a igrexa da Asunción, de estilo gótico, a capela de Santa Ana, gótica-isabelina, e o castelo de Viñuelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama e drenado polo río Guadarrama, situado a 37 km de Madrid (3.558 h [1996]). É un importante centro residencial e de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO