Colmenar Viejo

Colmenar Viejo

Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama (28.328 h [1996]). Tradicionalmente, as actividades gandeira (vacúa e ovina) e agrícola, tiveron grande importancia. A proximidade a Madrid aumentou nos últimos anos a actividade industrial, principalmente a metalurxia e as industrias alimentarias, químicas e de papel. Dentro da vila cómpre destacar a igrexa da Asunción, de estilo gótico, a capela de Santa Ana, gótica-isabelina, e o castelo de Viñuelas.