"Colombia" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ENTRADA LARGA

    Estado do NO de América do Sur, entre o Océano Pacífico e o mar das Antillas. Limita ao O con Panamá, Ao L con Venezuela e Brasil e ao S con Perú e Ecuador. Abrangue tamén un territorio insular formado polo arquipélago de San Andrés y Providencia, o illote Malpelo, varios bancos do mar das Antillas e outras illas do Océano Pacífico (1.141.748 km2; 40.803.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 12°de latitude N e os 4° de latitude S e os 79° e 67° de lonxitude O. A súa capital é Bogotá.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Litoloxicamente, Colombia aséntase sobre unha litoloxía moi heteroxénea, formada desde a era Precámbrica ata a Cuaternaria. Destacan os materiais da época Primaria. De O a L, na serra de Baudó hai rochas volcánicas cubertas por arxilas; nos Andes, rochas graníticas e gneis; na Sierra Occidental materiais cretáceos; na vertente occidental da Sierra Central materiais eruptivos; na Sierra Oriental...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Colombia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Colombia.

    3. Arte producida no territorio de Colombia. Durante os séculos anteriores á época colonial desenvolvéronse neste territorio diferentes culturas. En Huila a civilización megalítica de San Agustín construíu templos formados por un corredor de pedra con cuberta, como o templo da Diosa Madre. No eido da escultura destacan os monolitos antropomorfos, representación das divindades. A cultura calima desenvolveu unha ourivería caracterizada polo emprego da curva e unha escultura de pequenas figuras enmascaradas, representación dos xefes e sacerdotes. Os chibchas crearon os tunjos ou placas cerimoniais, realizadas con finas láminas de ouro que se traballaban sobre placas fundidas, e os vasos cerámicos antropomorfos. Baixo o nome de cultura quimbaya agrúpanse diversos pobos que empregaron variadas técnicas de ourivería para crear figuras humanas e os poporo ou botellóns. A cultura tairona destacou na construción de casas con cimentos circulares e na elaboración...

    4. Arte cinematográfica desenvolvida en Colombia. Despois duns inicios documentalistas, o cine colombiano viviu un dos seus mellores períodos durante a década dos anos vinte, con títulos como La María (1921), de Alfredo del Diestro; Aura o las violetas (1922), dos irmáns Di Domenico e, sobre todo, Alma provinciana (1926), de Félix J. Rodríguez. Condicionada pola chegada do cine sonoro, a produción limitouse a documentais de actualidade durante a década dos anos trinta, período que remata co gusto polas comedias musicais. Os anos cincuenta deron paso a unha xeración nova pero pouco interesada pola realidade social do país. Os seus membros máis destacados eran Guillermo Angulo, Julio Luzardo, Jorge Pinto, Álvaro Gonzalez e Francisco Norden. En contraposición, Carlos Álvarez impulsou unha produción abertamente comprometida á que se sumaron Marta Rodríguez e Jorge Silva. A creación da empresa estatal FOCINE, nos últimos anos, reactivou a produción cinematográfica grazas a cineastas como Ciro Durán,...

    5. As primeiras manifestacións da literatura producida en Colombia remóntanse á tradición indíxena, abolida polo efecto da conquista. Posteriormente, durante a época colonial, xurdiron figuras que nutriron as letras colombianas como Hernando Domínguez Camargo (1606-1659), Frei Andrés de San Nicolás (1617-1666), Sor Francisca del Castillo y Guevara (1671-1742) e Francisco Álvarez de Velasco y Zorrilla (1674-1704). Ao remate das guerras da independencia, a produción literaria rexorde da man das tendencias románticas. Destacan, entre outros, José Eusebio Caro (1817-1853), Rafael Pombo (1833-1912) e Jorge Isaacs (1837-1895), autor da novela María (1867). Europa continuaba a ser o polo de atracción e a finais do século, a influencia de Poe, Baudelaire e Verlaine era notoria. Xa se anunciaba o modernismo, primeira corrente literaria na que a produción hispanoamericana se manifestaba orixinal. José Asunción Silva (1865-1896) foi o gran poeta do momento. Posteriormente, Guillermo Valencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Confederación integrada por Nueva Granada, Venezuela e Ecuador, constituída no Congreso de Angostura (1819) e da que Simón Bolívar foi o seu primeiro presidente. No congreso de Cúcuta, onde foi elaborada a Constitución (1821), manifestáronse as primeiras disensións entre centralistas e federalistas; feito que acabou provocando a súa desintegración coa separación de Venezuela (1829) e Ecuador (1830). En 1886 tomou o nome de República de Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • precolombino.

    VER O DETALLE DO TERMO