"Colonna" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Fillo de García Álvarez de Toledo y Pimentel-Osorio e de Victoria Colonna. Príncipe de Montalbano, segundo duque de Ferrandina, quinto marqués de Villafranca del Bierzo, condestable de Castela e marqués de Villafranca dende 1578. Almirante das Galeras de Nápoles no 1595 e posteriormente de Castela. Foi Embaixador Extraordinario de Filipe III na Corte de Enrique IV de Francia (1608). Como Gobernador do Milanesado (1616) derrotou a Carlos Manuel de Savoia en Apertola obrigándoo a asinar a Paz de Pavía no ano 1617.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de nobres romanos que remontou a súa orixe ata a familia dos antigos condes de Tusculum (s X). O primeiro membro coñecido da familia foi Pietro (morto en 1108), señor da Colonna, de Palestrina e de Tusculum. Entre os seus descendentes destacan os papas Benedicto VIII (1012-1024), Xoán XIX (1024-1032), Benedicto IX (1032-1044) e Martiño V (1417-1331). Cara ao ano 1225 encabezaron o partido xibelino, enfrontáronse coa familia dos Orsini do partido güelfo e tamén cos Gaetani. Durante a primeira metade do s XIII a familia adquiriu os señoríos de Capranica, Zagarolo e Gallicano. O Papa Bonifacio VIII derrotounos no 1299, pero coa axuda das tropas francesas organizaron no 1303 a captura do papa en Agnani. Co traslado dos papas a Aviñón, recuperaron o seu dominio, que se prolongou durante a primeira metade do s XIV. A chegada ao papado de Oddone, coñecido como Martiño V, aumentou o poder e a influencia da familia no sur de Italia. Desde finais do s XV vinculáronse á política...
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Especializouse en pintura mural de perspectivas arquitectónicas fiticias. Colaborou con Mitelli na decoración mural de pazos e igrexas de Boloña, Ferrara e Roma e na corte de Filipe IV (1658-1662).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa italiana, marquesa de Pescara. Entre as súas composicións destacan os poemas de influencia petrarquista Rime (Rimas, 1558) e a recompilación de cartas Lettere (Cartas, 1542-1545).
VER O DETALLE DO TERMO