"Comesaña" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica composto polo verbo comer e o substantivo saña. O primeiro destes termos remite ao lat comedĕre, mentres que a orixe da segunda voz pode explicarse a partir de tres étimos latinos diferentes: insania ‘loucura’, sanies ‘podre, pus’ ou sanna ‘furor’. En todo caso, a procedencia última deste antropotopónimo debe de estar no alcume dun antigo posesor que se caracterizaba por ter un carácter rancio. Documéntase no s XVIII: “Joseph de Comesaña” (doc ano 1753 en Tuy 1753 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 93; “Salvador de Comesaña” (doc ano 1753 en Tuy 1753 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 98).
-
GALICIA
Escultor. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios de Vigo. A súa obra caracterízase polo emprego do granito e pola iconografía de tipos populares tratados de xeito xeometrizante pero sen afastarse do naturalismo. Entre as esculturas públicas que realizou en Vigo destaca o Busto de Carlos Gardel (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante, presentador de televisión e actor. Realizou estudos de Enxeñería Técnica Agrícola. Foi presentador da TVG nos programas Verán, Verán (1988), A tumba aberta (1988) e Con perdón (1996-1997). Participou tamén como actor nas series Don Rock (1987) e La batalla salvaje (1989) e foi comentarista deportivo na COPE (2000). En 1982 tivo lugar a presentación do grupo musical Semen Up, agrupación que liderou ata 1990 e coa que gravou os títulos: Lo estás haciendo muy bien (1985), La agonía del narciso (1986), Vuelve el hombre (1987), El gusto es mío (1988) e Madurez (1989). Dende 1991 ata 1998 formou parte do dúo Amistades Peligrosas e sacou ao mercado Relatos de una intriga (1991), La última tentación (1993), La profecía (1995) e Nueva era (1997)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista, líder da CNT. Retornado de Arxentina, participou na fundación da Sociedad Obrera de Cultura, da Federación Local de Trabajadores e do xornal Revolución, dos que se arredou a finais de 1931 debido á inxerencia do PCE local. En 1932 fundou o Ateneo Obrero de Divulgación Social e contribuíu a organizar o grupo Natura da FAI. Coñecido no Morrazo polo seu labor de asesoramento dos sindicatos mariñeiros, chegou a representar a Fraternidad Marinera de Moaña no Congreso da CNT, celebrado en maio de 1936 en Zaragoza. Detido nos primeiros días da Guerra Civil, foi condenado a morte e logo conmutada a pena por nove anos de cadea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Santo André de Comesaña.
-
GALICIA
Dominicano. Ingresou na orde de san Domingos, entre 1819 e 1822 foi depositario do convento de Santiago. Ao mesmo tempo rexentou a cátedra de Canons ata 1829, agás na paréntese dos cursos 1822-1823 e 1827-1828 que explicou Teoloxía Dogmática. Doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela en 1825 e, no 1829, acadou o grao de mestre en teoloxía. Ademais de dedicarse ao ensino nos conventos dominicanos, ocupou a cátedra de Filosofía (1820) e de Teoloxía (1821) da universidade compostelá. Entre 1824 e 1836 presidiu a academia de filosofía e rexentou a cátedra de Metafísica, que acadou en propiedade (1829). Foi suspendido da súa cátedra por non xurar a Constitución do Estado, e pasou a ser rexente de estudios e prior de Santiago ata xullo de 1835.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Participou en espectáculos do Centro Dramático Galego como A noite vai coma un río (1986), con dirección de Xulio Lago, ou A pousadeira (1987), con dirección de Xan Cejudo. Tamén traballou en Da Vinci levaba razón (1987), producido por O Moucho Clerc. Como integrante do Teatro Nacional de España participou na montaxe de Fuenteovejuna. Ademais, rodou dúas curtametraxes que tiveron unha ampla difusión.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Coñecido como Manuel Manquiña, traballou en cine, teatro e televisión, e tamén desenvolveu labores como publicista e actor de dobraxe. Iniciou a súa andaina na TVG como presentador de programas de humor para pasar ao teatro coa compañía Troula coa obra Informe do día despois (1984), de F. Kafka, e co Centro Dramático Galego en Caderno de bitácora (1985), de F. Taxes, aínda que tamén produciu os seus propios espectáculos. Posteriormente decantouse polo cine da man de realizadores como Antonio Blanco e Xavier Villaverde. Co filme Airbag (1997) deuse a coñecer ao gran público, aínda que tamén destacou noutras producións, como Matías juez de línea (1996), Atilano, presidente (1998), Fisterra, onde acaba o mundo (1998), Frontera sur (1998), Mararía, (1998), Torrente, el brazo tonto de la ley (1998), Entre las piernas (1999), Pídele cuentas al rey (1999), Pata negra (1999),...
VER O DETALLE DO TERMO -