Prieto Comesaña, Manuel J. Francisco

Prieto Comesaña, Manuel J. Francisco

Actor. Coñecido como Manuel Manquiña, traballou en cine, teatro e televisión, e tamén desenvolveu labores como publicista e actor de dobraxe. Iniciou a súa andaina na TVG como presentador de programas de humor para pasar ao teatro coa compañía Troula coa obra Informe do día despois (1984), de F. Kafka, e co Centro Dramático Galego en Caderno de bitácora (1985), de F. Taxes, aínda que tamén produciu os seus propios espectáculos. Posteriormente decantouse polo cine da man de realizadores como Antonio Blanco e Xavier Villaverde. Co filme Airbag (1997) deuse a coñecer ao gran público, aínda que tamén destacou noutras producións, como Matías juez de línea (1996), Atilano, presidente (1998), Fisterra, onde acaba o mundo (1998), Frontera sur (1998), Mararía, (1998), Torrente, el brazo tonto de la ley (1998), Entre las piernas (1999), Pídele cuentas al rey (1999), Pata negra (1999), Sobreviviré (1999), Año mariano (2000), Capitães de abril (2000), El Figurante (2000), Sé quién eres (2000), Lena (2001), El Caballero don Quijote (2002), Cosas de brujas (2002), El robo más grande jamás contado (2002), O lapis do carpinteiro (2003), Haz conmigo lo que quieras (2003) e Entre vivir y soñar (2004).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo