"Commonwealth" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Réxime político instaurado en Inglaterra por Oliver Cromwell despois da execución de Carlos I (xaneiro de 1649) e que se estendeu a Escocia e Irlanda. Aínda que nun sentido amplo o sistema cromwelliano durou ata finais de 1660, cómpre aplicar estritamente esta denominación para o período de tempo comprendido entre 1649 e 1653, data en que Cromwell pasou a gobernar de forma ditatorial sen a participación do Parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de nacións constituída polo Reino Unido (coas súas colonias e dependencias) e por unha serie de estados soberanos nacidos a partir do imperio colonial británico. Réxense por un complexo sistema de reunións e consultas, entre as que destacan as reunións de ministros de finanzas e as conferencias dos xefes de goberno. O órgano permanente é a Secretaría Xeral, creada en 1965. As grandes diferencias económicas, culturais e políticas que separan e, a miúdo, enfrontan os membros, non esgotan en gran parte a súa eficacia. Só no terreo arancelario (tarifas preferenciais) se alcanzaron acordos importantes. Aínda que ata finais de 1926 non se produciu a primeira formulación oficial, cómpre situar as orixes na segunda metade do s XIX e nas primeiras décadas do s XX, período durante o que as colonias británicas con maioría de poboación branca (Canadá, Australia, etc) alcanzaron o estatuto de dominio e, xuntas, unha autonomía que se parecía moito á independencia. Os tratados de paz asinados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Literatura escrita en lingua inglesa por autores dos países membros da Commonwealth of Nations. Orixinada nos sistemas educativo e administrativo impostos por Reino Unido nas súas colonias, alcanzou o seu recoñecemento cando estas recobraron a súa independencia, a partir dos anos cincuenta e sesenta do s XX. Está escrita, sobre todo, por autores indíxenas pertencentes ás elites occidentalizadas e ten un carácter híbrido, xa que emprega o inglés pero desenvolve temas tradicionais, históricos, sociais e culturais autóctonos, a miúdo críticos cos valores occidentais. Os países máis representativos pola importancia da súa cultura autóctona son: a India e algunhas nacións africanas como Nixeria, Ghana, Kenya, Uganda, Tanzania e Malawi. A diversidade do proceso colonial nos diferentes países africanos está patente na temática política, máis ou menos reivindicativa. Na India, o dualismo cultural do escritor indio en lingua inglesa plásmase na gran variedade de temas literarios empregados, situados...

    VER O DETALLE DO TERMO