"Comneno" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1081-1118). Fillo do Comandante en Xefe da garda palatina, Xoán Comneno I, e neto do Emperador Isaac I. Cos seus irmáns, opostos aos Ducados, impúxose na revolta do 1081, que levou a Aleixo ao trono. Bo militar e diplomático, conseguiu remontar o Imperio. Acadou a submisión de Bitinia (1081). Loitou tamén contra o normando da Apulia Robert Giscard, que invadira o Epiro; a Tracia, contra os tártaros (1091), e Asia Menor, contra os turcos seliúcidas. Pactou con Venecia e Pisa, feito que iniciou a prosperidade das repúblicas italianas no Oriente Medio. Atacou os herexes bogomís e cargou a Igrexa de impostos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1180-1183). Fillo de Manuel I e de María de Poitiers-Antioquía. No 1180 casa con Agnes (ou Ana) de Francia, filla de Luís VII. Á morte de seu pai no 1180, foille encargada a rexencia á súa nai. Andrónico, igual que Manuel I, entrou en Constantinopla, asasinou a rexente e Aleixo foi proclamado Emperador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa bizantina, primoxénita de Aleixo I e de Irene Ducas. Casada (1097) con Nicefor Brienne, participou en intrigas contra o seu irmán Xoán. É autora de Alexíada, obra histórica que completa e continúa a do seu marido do 1069 ao 1118. Pese aos panexíricos a Aleixo I, é a fonte historiográfica máis importante deste período de Bizancio e dalgúns episodios da primeira cruzada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1183-1185), derradeiro da dinastía Comneno. Impulsou ao pobo de Constantinopla á matanza e ao saqueo das posesións dos latinos (1182). Entrou triunfalmente na capital, sentenciou a morte a María de Antioquía e proclamouse Emperador xunto a Aleixo II, a quen asasinou pouco despois. Rematou casando coa súa muller Agnes (ou Ana) de Francia (1183). Realizou unha notable obra de reconstrución interna e implantou un réxime de terror. Foi deposto e morto por Isaac II Ánxelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia bizantina da que proveñen numerosos dignatarios e emperadores orixinaria da cidade de Comné, próxima a Adrianópolis. O primeiro que accedeu ao trono foi Isaac I (1057-1059), que destronou o derradeiro membro da dinastía macedonia Miguel IV. Os primeiros membros da dinastía, Aleixo I (1081-1118), Xoán II (1118-1143) e Manuel I (1143-1180), restauraron o Imperio, reforzaron o exército e outorgaron territorios aos nobres a cambio dos seus servicios militares. Esta cesión orixinou un proceso de feudalización a costa da burocracia da capital e do poder central. Resistiron os ataques dos rusos e dos normandos ao aliarse cos venecianos e cos cruzados, pero durante o breve goberno do Emperador Aleixo II (1180-1183) a situación empeorou, e os normandos ocuparon Tesalónica. O derradeiro emperador desta dinastía, Andrónico I (1183-1185), morreu en Bizancio. No ano 1204 os netos de...
-
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1057-1059). Sucesor de Miguel IV, loitou contra os húngaros, pero ante a indisciplina do exército abdicou e retirouse ao mosteiro de Studios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1143-1180), fillo de Xoán II Comneno de Bizancio. Continuou a guerra contra os turcos e resistiu un ataque dos normandos (1149). Intentou recuperar Dalmacia pero a oposición de Venecia provocou unha guerra marítima (1171-1175) que tivo fatais consecuencias para os bizantinos. Foi derrotado en Asia Menor polos turcos selxúcidas (1176), que trala súa morte se estenderon por todo o territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Hungría e Tesalónica, filla do Emperador Manuel I Comneno de Bizancio e de Irea de Sulzbach. Casou en 1178? con Rainiero de Monferrato, fillo do marqués Guillerme IV, a quen Manuel I doou o Reino de Tesalónica. Ambos os dous foron asasinados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Hungría e de Xerusalén. Casou en 1167 co Rei Amalrico I de Xerusalén e en 1177 con Balian de Ibelin (?- 1193).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Déspota de Epiro (1251-1230) e emperador de Tesalónica (1224-1230), irmán e sucesor de Miguel I Anxo Comneno. En 1217 venceu ao emperador latino Pedro I de Constantinopla, e en 1224 apoderouse de Tesalónica e dos seus dominios. Fíxose coroar emperador bizantino de Tesalónica, pero, en 1330, foi derrotado por Xoán II Asen de Bulgaria, quen lle sacou os ollos. En 1246 Tesalónica foi tomada por Xoán III Ducas Vatatzes, de Nicia, quen posteriormente o fixo matar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1118-1143), fillo e sucesor de Aleixo I Comneno. Emperador soldado, eliminou definitivamente os pechenegos (1123) e impuxo a soberanía imperial en Serbia (1124).
VER O DETALLE DO TERMO