"Conan" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Nome dos catro membros dunha familia de soberanos de Bretaña que reinou entre os ss X ao XII. Conan I o Torto (?- Conquereuil 992), conde de Rennes (970-992), tentou reinar en Bretaña. Morreu loitando co conde Fulques de Nerra. Conan II (1040-1066), duque de Bretaña, loitou contra Guillerme o Bastardo, duque de Normandía. Morreu envelenado. Conan III o Gordo (1095-1148), duque de Bretaña (1112-1148), casou con Matilde, filla do rei de Inglaterra Enrique I e loitou ao seu carón. Suprimiu nun concilio os restos do réxime de servidume (1127). Conan IV o Pequeno (1137-1171), duque de Bretaña no 1156, loitou contra a nobreza bretoa e pediu axuda a Enrique II de Inglaterra. En compensación, casou a súa filla Constanza co fillo do monarca inglés, Godofredo Plantagenet, e cedeu o ducado á custodia de Enrique II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe creado en 1932 polo escritor norteamericano Robert E. Howard para a revista Weird Tales. A partir de 1970, Roy Thomas, guionista da editora Marvel, ideou un cómic cun guión creado por el mesmo e acompañado de debuxos en cor de Barry Windsor-Smith. O protagonista, que naceu no reino de Cimmeria, caracterízase pola súa fortaleza física, capacidade de loita e intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador da arquitectura norteamericano. Foi profesor de arquitectura na Harvard University (1920-1955). Entre as campañas arqueolóxicas que dirixiu destacan as escavacións realizadas na abadía de Cluny (1928-1950) e no Santo Sepulcro de Xerusalén (1938-1955). Os seus estudios sobre a catedral de Santiago de Compostela reflectíronse en The early architectural history of the cathedral of Santiago de Compostela (A temperá historia arquitectónica da catedral de Santiago de Compostela, 1926). Escribiu tamén Caroligian and romanesque architecture from 800 to 1200 (Arquitectura carolinxia e románica do 800 ao 1200, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e médico escocés. Descendente dunha familia católica irlandesa, estudiou medicina en Edimburgo. Creou a figura de Sherlock Holmes, que se converteu nun heroe de ficción dunha das series máis coñecidas do xénero policial e protagonista de The Adventures of Sherlock Holmes (As aventuras de Sherlock Holmes, 1892) e Memoirs of Sherlock Holmes (Memorias de Sherlock Holmes, 1904). Dentro do mesmo estilo, creou o profesor Challenge en The Lost World (O mundo perdido, 1912) e The Poison Belt (O cinto envelenado, 1913). Tamén escribiu novelas de carácter histórico, como Micah Clarke (1889), The White Company (A empresa branca, 1890) e Sir Nigel (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO