Conan

Conan

Nome dos catro membros dunha familia de soberanos de Bretaña que reinou entre os ss X ao XII. Conan I o Torto (?- Conquereuil 992), conde de Rennes (970-992), tentou reinar en Bretaña. Morreu loitando co conde Fulques de Nerra. Conan II (1040-1066), duque de Bretaña, loitou contra Guillerme o Bastardo, duque de Normandía. Morreu envelenado. Conan III o Gordo (1095-1148), duque de Bretaña (1112-1148), casou con Matilde, filla do rei de Inglaterra Enrique I e loitou ao seu carón. Suprimiu nun concilio os restos do réxime de servidume (1127). Conan IV o Pequeno (1137-1171), duque de Bretaña no 1156, loitou contra a nobreza bretoa e pediu axuda a Enrique II de Inglaterra. En compensación, casou a súa filla Constanza co fillo do monarca inglés, Godofredo Plantagenet, e cedeu o ducado á custodia de Enrique II.