conativo -va
conativo -va
(< conato)
-
adx
Relativo ou pertencente ao conato.
-
adx
[LING]
Aplícase á forma verbal que expresa a idea de esforzo que require a acción. Así, o latín ademais da forma parire (‘parir’), ten a forma conativa partiture (‘ter dores de parto’).
-
función conativa
[LING]
Termo empregado por K. Bühler para designar a función da linguaxe presente nas mensaxes que teñen como finalidade chamar a atención do receptor a través dunha apelación, dunha orde, dunha recomendación ou dunha prohibición, ou para modificar a súa conduta. Tamén se coñece co nome de función apelativa.
Ex: Ven comer agora mesmo!, Se bebes non conduzas.