conativo -va

conativo -va

(< conato)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao conato.

  2. adx [LING]

    Aplícase á forma verbal que expresa a idea de esforzo que require a acción. Así, o latín ademais da forma parire (‘parir’), ten a forma conativa partiture (‘ter dores de parto’).

  3. función conativa [LING]

    Termo empregado por K. Bühler para designar a función da linguaxe presente nas mensaxes que teñen como finalidade chamar a atención do receptor a través dunha apelación, dunha orde, dunha recomendación ou dunha prohibición, ou para modificar a súa conduta. Tamén se coñece co nome de función apelativa.

    Ex: Ven comer agora mesmo!, Se bebes non conduzas.

Palabras veciñas

Conan | Conan o Bárbaro | Conant, Kenneth John | conativo -va | conato | conca | Conca, Sebastiano