conato
(
-
s
m
Inicio dunha acción que non se completa na súa totalidade.
Ex: A vila alarmouse polo conato de inundación.
-
s
m
[LING]
Termo que se aplica ao presente e ao copretérito para indicar que expresan o comezo dunha acción ou que esta se intenta e non se realiza. Así, na oración Saía, pero chegou unha visita, a acción de saía, que vén de iniciarse, queda como unha disposición ou intención.
-
s
m
[FILOS]
Concepto equivalente a forza ou potencia. Ten o seu precedente na noción de ὀρμή, empregada por Aristóteles para designar as accións que corresponden a un impulso natural, e polos estoicos, que a conceptuaron como a capacidade de esforzarse ou o impulso xerado na consecución dun obxectivo. Este termo traduciuse en latín como conatus. Na filosofía moderna, Hobbes definiuno como un movemento mesurable que no home está determinado pola vontade. Leibniz entendeuno como unha forza viva e dinámica, e para Spinoza constituíu o esforzo real para perseverar no ser.
-
s
m
[DER]
Intento non consumado de efectuar un acto con contido delitivo.
Ex: Denunciárono por un conato de agresión.