"Constanţa" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CAPITAIS
Capital do judeţ homónimo, Romanía, situada na rexión de Dobrutja, á beira do Mar Negro (342.394 h [estim 1999]). Constitúe un gran centro comercial e turístico. É o principal porto de Romanía, dende o que se exporta petróleo, cereais, derivados da madeira e alimentos preparados. Antiga colonia grega de Tomis, na época romana foi un establecemento militar de primeira importancia onde se exiliou e morreu Ovidio. No s IV reconstruíuna Constantino I o Grande, que lle deu o seu nome. Conquistada polos turcos no s XV, dende 1878 forma parte de Romanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Judeţ de Romanía, situado na rexión de Dobrutja (7.071 km2; 747.179 h [estim 1999]. A súa capital é Constanţa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de cobre (55%) e níquel (45%), dunha gran resistividade eléctrica, idónea para construír resistencias eléctricas. A súa unión co platino permite facer termopares.