"Constanza" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Nobre ilustrada, filla de Lope de Acuña, conde de Buendía. Cando este morre en Flandres en 1573, deixa encomendado que a súa filla case cunha persoa da liñaxe de Acuña. Diego Sarmiento de Acuña, futuro primeiro conde de Gondomar, descendente de Vasco Martínez de Acuña o Vello, ao quedar viúvo sen fillos solicita casar con Constanza, cerimonia realizada en Valladolid no 1588.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (? - 976) Bispo e confesor da cidade alemá de Constanza (934-976). Da familia dos güelfos, foi bispo de Augsburgo. Peregrinou tres veces a Xerusalén, fundou igrexas e un hospital, e asistiu aos concilios de Ingelheim (948), Augsburgo (952) e Roma (969). Foi canonizado por Calisto II no 1123. Na iconografía viste de pontifical con capa e casula ancha, mitra e báculo; leva como atributo persoal un cáliz cunha araña enriba. A súa festa celébrase o 26 de novembro.
-
LAGOS
Lago dos Alpes, situado entre Suíza, Austria e Alemaña, cunha superficie de 539 km2. De orixe glacial, ten un sector oriental e un occidental, este último con dous brazos: Überlingen, ao N, e Untersee, ao S. Os principais ríos tributarios son o Schussen, o Argen e o Rin, que ao mesmo tempo é emisario. Os principais centros urbanos da súa ribeira son Constanza, Friedrichshafen e Lindau en Alemaña, Bregenz en Austria, e Rorschach en Suíza.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do länd de Baden-Württemberg, Alemaña, drenada polo río Rin, situada á beira do lago Constanza (74.500 h [1990]). É un importante centro industrial (tecidos e produtos químicos) e turístico. Fundada por Constancio II a finais do s III, a construción da cidade actual é do s X, na que se estableceu unha feira. Alí celebrouse o Concilio de Constanza (1414-1418). A guerra dos gremios (1429-1930), obrigou as empresas máis importantes a trasladarse a Ravensburg e Sankt Gallen. En 1531 formou parte da Liga de Esmalcalda; desfeita esta (1546), foi conquistada por Carlos I. En 1570 trasladouse alí o bispado de Windisch (bispado de Constanza). Do seu patrimonio arquitectónico destaca a catedral románica e a igrexa gótica de Santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Costanza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concilio convocado polo Papa Xoán XXIII e o Emperador Sexismundo. Iniciouse o 5 de novembro de 1414 e rematou o 22 de abril de 1418. As súas 45 sesións afrontaron principalmente a unidade da Igrexa de Occidente, a defensa da fe fronte ás doutrinas de Wycliffe e de Jan Hus, e a reforma da Igrexa. Como consecuencia do cisma, a cristiandade dividiuse en tres papas: Xoán XXIII, Gregorio XII e Benedicto XIII, depostos polo Concilio, que declarou a súa autoridade suprema ao proceder o seu poder unicamente de Cristo. A tendencia conciliarista outorgáballe o poder ao Concilio para a elección do novo papa, pero acabou impoñéndose unha solución intermedia; unha comisión composta polos cardeais e trinta prelados (representantes das nacións presentes no Concilio) elixiron como novo papa a Martiño V, que, en 1418, restableceu a autoridade papal sobre a conciliar.