Constanza, Concilio de

Constanza, Concilio de

Concilio convocado polo Papa Xoán XXIII e o Emperador Sexismundo. Iniciouse o 5 de novembro de 1414 e rematou o 22 de abril de 1418. As súas 45 sesións afrontaron principalmente a unidade da Igrexa de Occidente, a defensa da fe fronte ás doutrinas de Wycliffe e de Jan Hus, e a reforma da Igrexa. Como consecuencia do cisma, a cristiandade dividiuse en tres papas: Xoán XXIII, Gregorio XII e Benedicto XIII, depostos polo Concilio, que declarou a súa autoridade suprema ao proceder o seu poder unicamente de Cristo. A tendencia conciliarista outorgáballe o poder ao Concilio para a elección do novo papa, pero acabou impoñéndose unha solución intermedia; unha comisión composta polos cardeais e trinta prelados (representantes das nacións presentes no Concilio) elixiron como novo papa a Martiño V, que, en 1418, restableceu a autoridade papal sobre a conciliar.

Palabras veciñas

Constanza | Constanza | Constanza | Constanza, Concilio de | constar | constatación | constatar