"Copán" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras, drenado polos ríos Jicatuyo e Chamelecón (3.203 km2; 226.000 h [1991]). A capital é Santa Rosa de Copán (23.400 h [1995]). Ten unha superficie montañosa, especialmente ao N. Da súa economía destaca a agricultura, fundamentalmente os cultivos de café, cana de azucre e tabaco; este último destínase á exportación, debido á súa excelente calidade. Ten minas de ouro, prata, cobre, cinc, platino e mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque arqueolóxico maia situado no departamento de Copán, Honduras, preto da fronteira con Guatemala. As súas ruínas, con monumentos arquitectónicos e importantes grupos escultóricos, corresponden á época clásica da cultura maia (250-900). A estrutura principal ocupa máis de 30 ha e consta dunha acrópole e de cinco prazas. Pódense observar os distintos niveis arqueolóxicos grazas aos cortes que deixou o río Copán ao seu paso. Consérvanse templos decorados con esculturas e altorrelevos, pirámides e terrazas. Destacan a escaleira dos xeroglíficos, que dá acceso a unha construción piramidal e que conserva un xogo de pelota, e a escaleira dos xaguares, con grandes esculturas que representan a estes animais. A cidade dedicouse ás investigacións astronómicas, segundo se deduce das estelas, dos monolitos dos seus templos e da existencia de observatorios astronómicos. As estelas sitúanse sobre altos baseamentos e adoitan representar sacerdotes cubertos de fastuosos vestidos e toucados. Acháronse,...
-
CIDADES
Cidade veciña de Tenochtitlán, coa que formou, xunto con Texcoco, unha confederación. Constituíu unha das tres bases da organización azteca, aínda que baixo a hexemonía de Tenochtitlán. Chamada Tacuba, é un suburbio da cidade de México.
VER O DETALLE DO TERMO