Copán
Copán
Departamento de Honduras, drenado polos ríos Jicatuyo e Chamelecón (3.203 km2; 226.000 h [1991]). A capital é Santa Rosa de Copán (23.400 h [1995]). Ten unha superficie montañosa, especialmente ao N. Da súa economía destaca a agricultura, fundamentalmente os cultivos de café, cana de azucre e tabaco; este último destínase á exportación, debido á súa excelente calidade. Ten minas de ouro, prata, cobre, cinc, platino e mármore.