"Corbacho" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Economista. Catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña, realizou a tese de doutoramento en 1983 co título Análisis económico-financiero y estrutural del estado de autonomía de Galicia. Publicou os estudos La Autonomía Gallega (1978), Contribución fiscal y solidaridad de las ciudades gallegas (1996), La Reforma de la financiación autonómicaA rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia (2003) e Educación democrática ou barbarie (2015). Colabora con artigos da súa especialidade en diversas publicacións (Economía y finanzas, Galicia Internacional, Encrucillada, Papeles de Economía Española, Revista Galega de Economía, etc). Nos anos 1979-1980 foi Alcalde do concello do Grove, cargo ao que se presentou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Corvacho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Canteiro e sindicalista socialista. No primeiro terzo do s XX foi o artífice da implantación da UGT entre o ambiente proletario e mariñeiro do Morrazo no primeiro terzo do s XX. Fundador das primeiras organizacións mariñeiras de clase en Cangas e Moaña, e cabeza visible da folga do ano 1917 na zona, presidiu a Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia, de influencia socialista, entre 1914 e 1921. Colaborou na redacción do semanario Nueva Aurora e, no período republicano, exerceu como voceiro da minoría socialista no concello. Morreu asasinado no verán de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO