Álvarez Corbacho, Xaquín

Álvarez Corbacho, Xaquín

Economista. Catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña, realizou a tese de doutoramento en 1983 co título Análisis económico-financiero y estrutural del estado de autonomía de Galicia. Publicou os estudos La Autonomía Gallega (1978), Contribución fiscal y solidaridad de las ciudades gallegas (1996), La Reforma de la financiación autonómicaA rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia (2003) e Educación democrática ou barbarie (2015). Colabora con artigos da súa especialidade en diversas publicacións (Economía y finanzas, Galicia Internacional, Encrucillada, Papeles de Economía Española, Revista Galega de Economía, etc). Nos anos 1979-1980 foi Alcalde do concello do Grove, cargo ao que se presentou encabezando a candidatura do Partido Comunista de España.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : O Grove