"Cordero" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
PERSOEIRO
Videoartista. Traballou en Galicia como programador de aplicacións ata 1988, data na que realizou unha animación para producións de vídeo por ordenador. Organizou en 1991 a Monográfica sobre Infografía do Ateneo Santa Cecilia e do Club Unesco de Galicia. En 1991 realizou a exposición A mirada transgresora (Pontevedra) e, en 1994, participou cunha infografía na mostra Mar de fondo: trinta artistas por Galicia (Santiago de Compostela).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma castelá correspondente ao apelido galego Cordeiro.
-
Cordeiro.
-
-
PERSOEIRO
Médico e profesor. Doutorouse en Cirurxía Dental pola Universidade de Maryland, EE UU, e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1934. Participou como voluntario na Primeira Guerra Mundial e licenciouse co grao de primeiro tenente. Unha vez instalado en España, exerceu como concelleiro en Santiago de Compostela durante a ditadura de Primo de Rivera e como directivo da Sociedad Económica de Amigos del País. Foi profesor de idiomas na universidade compostelá. Participou no Seminario de Estudos Galegos e na editorial Bibliófilos Gallegos. Publicou diversos traballos nos Cuadernos de Estudios Gallegos, entre eles, “Un libro sobre Galicia” (1948), “El Padre Sarmiento sobre el origen de Prisciliano” (1953) e “Peregrinos mendicantes” (1962). Foi membro da Real Academia Galega e outorgáronlle a Encomenda de Afonso X o Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor ecuatoriano. Elixido presidente da República en 1892, foi derrocado polo xeneral Alfaro tres anos despois. Colaborou na fundación de varios xornais, da Universidad de Guayaquil e da Universidad de Cuenca, da que foi rector. Publicou Recuerdos patrióticos (1883). Foi membro correspondente da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e dirixente sindical socialista. Marchou a traballar a Madrid e ingresou no PSOE. En 1918 a Junta para la Ampliación de Estudios enviouno a investigar a división do traballo na industria panadeira de Laussanne, Florencia e Boloña. Foi elixido deputado nacional por Madrid (1923), concelleiro (1931), e nomeado deputado provincial. Nas Cortes constituíntes da Segunda República foi elixido deputado e formou parte, como presidente, da comisión de responsabilidades encargada de acabar cos subornos. Durante a Guerra Civil permaneceu en Madrid, logo fuxiu a Francia e finalmente estableceuse en Arxentina. Como militante socialista foi membro da executiva do PSOE e da Unión General de Trabajadores (UGT). Formou parte da executiva da Internacional Socialista e participou como delegado da Oficina Internacional do Traballo. Colaborou, ademais, cos xornais El Socialista e La Libertad de Madrid, e cos bonaerenses La Vanguardia e La Revista Socialista. Publicou o libro Los socialistas y la revolución...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Matemático. Foi vicedecano da facultade de Matemáticas, director do departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Academia Galega das Ciencias. Entre as súas publicacións destaca Differential Geometry of frame bundles (Xeometría diferencial da construción de conxuntos, 1989). En 1987 recibiu o Premio de Investigación Científica da Deputación de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Profesor titular da Universidade de Vigo dende 1992. Dedicouse principalmente á bioloxía e á ecoloxía dos insectos, especialmente das libélulas en Galicia. Entre os seus traballos destacan os relacionados coa selección sexual e a competencia espermática. Tamén traballou no control biolóxico dos gurgullos do eucalipto (Gonipterus scutellatus), mediante o uso de parasitos. En relación con esta última actividade, en 1997 recibiu o Premio de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias polo traballo “El gorgojo del eucalipto (Gonipterus scutellatus) en Galicia: Biología y métodos de control”. Investigou, ademais, o millo co fin de obter variedades a partir de xermoplasma autóctono e de avaliar a súa resistencia fronte ás pragas. Entre os seus estudios destacan “Density-dependent mating sucess and colour polymorphism in females of the damselfly Ischnura graellsii” (1992) e “Sperm transfer, displacement and precedence in Ischnura graellsii” (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor mexicano. Precursor dos muralistas, formouse na Academia de San Carlos de México e na Accademia Nazionale di San Luca en Roma. Coñeceu o grupo dos nazarenos e adoptou unha actitude contraria aos postulados académicos. Entre as súas obras destacan Colón ante los Reyes Católicos (1853?), Retrato de los escultores Tomás Pérez y Felipe Valero (1847) e os murais de Jesús ante los doctores na igrexa de Jesús María (1855) e o dedicado ao filósofo Gabino Barreda (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e político ecuatoriano. Candidato da coalición conservadora Frente de Reconstrución Nacional, accedeu á presidencia da República (1984-1988), cargo desde o que mantivo unha política neoliberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Dirixiu a Academia Española de Bellas Artes de ; Roma (1898-1901). Cultivou unha pintura orientalista, despois unha pintura de historia de tema veneciano. Destacan La coronación de la duquesa e El decálogo. Dirixiu o Museo del Prado (1901-1918) e foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO