Cordero Pérez, Manuel

Cordero Pérez, Manuel

Político e dirixente sindical socialista. Marchou a traballar a Madrid e ingresou no PSOE. En 1918 a Junta para la Ampliación de Estudios enviouno a investigar a división do traballo na industria panadeira de Laussanne, Florencia e Boloña. Foi elixido deputado nacional por Madrid (1923), concelleiro (1931), e nomeado deputado provincial. Nas Cortes constituíntes da Segunda República foi elixido deputado e formou parte, como presidente, da comisión de responsabilidades encargada de acabar cos subornos. Durante a Guerra Civil permaneceu en Madrid, logo fuxiu a Francia e finalmente estableceuse en Arxentina. Como militante socialista foi membro da executiva do PSOE e da Unión General de Trabajadores (UGT). Formou parte da executiva da Internacional Socialista e participou como delegado da Oficina Internacional do Traballo. Colaborou, ademais, cos xornais El Socialista e La Libertad de Madrid, e cos bonaerenses La Vanguardia e La Revista Socialista. Publicou o libro Los socialistas y la revolución española (1932).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Castroverde

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires