"Corel" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra que vai pendurada das boias para que non poidan moverse no mar e así poder pescar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía canadense que produce aplicacións de autoedición e retoque fotográfico como o Corel Draw, programa de deseño por ordenador, e o Corel WordPerfect, procesador de textos. Ambos contan cun dicionario de galego co que é posible efectuar revisións ortográficas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte alta dun suco que se forma cando se fai un rego.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Foral de Navarra, drenado polo río Alhama, situado no val do río Ebro (6.329 h [1996]). A base da súa economía é a industria, que ocupa o 52% da poboación, sobre todo o sector vitivinícola -nunha superficie cultivada que supera as 1.500 ha-, e a fabricación de materiais de construción. Tamén destaca a produción de hortalizas e árbores froiteiras. Do seu patrimonio arquitectónico cómpre salientar as igrexas do Rosario e de San Miguel, a casa dos Escuredo e a Casa-Museo de Arrese. Do antigo castelo de Corella, de principios do s XII, non quedan restos. No antigo convento das monxas beneditinas está o Museo de la Encarnación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e violinista italiano. En 1666 marchou a Boloña e alí realizou estudios musicais con Giovanni Benvenuti e Leonardo Brugnoli. Posteriormente, ingresou na Accademia Filarmonica. Xa en Roma, foi primeiro violinista e músico de cámara da Raíña Cristina de Suecia, estivo ao servizo do cardeal Pamphili e, a continuación, do cardeal Pietro Ottoboni. Así mesmo, foi mestre da capela de San Liugi dei Francesi, en Roma, director de ópera no Teatro Tor di Nona e en 1706 admitírono na Accademia Arcadiana. Retirado da vida pública en 1708, contribuíu ao establecemento da sonata e, xunto con Torelli, foi un dos grandes creadores do concerto grosso. Da súa produción destacan os Concerti grossi op 6 (1714) e as súas sonatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor. Coñecido como Franco Corelli, cantou regularmente na Scala de Milán dende 1954 e a miúdo no Metropolitan Opera House de Nova Yok. Gravou óperas completas e diversos recitais de arias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dario Corelli.
-
PERSOEIRO
Teólogo e escritor. Considerado o mellor poeta valenciano da segunda metade do s XV, elaborou historias de santos, como as de santa Ana e Madalena, fábulas mitolóxicas e a súa balada da pega e a merla, unha das pezas máis destacadas da lírica catalá. Traduciu a Vita Christi de Ludolf de Saxonia e imprimiu unha versión literal dos Salmos feita sobre a Vulgata. En prosa cómpre salientar a brevísima Traxedia de Caldesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Discípulo de Jacob Cornelisz, foi influído por Gossaert. Viaxou por Alemaña, Venecia e Terra Santa (1519-1522). Con Adrián VI, foi conservador das antigüidades de Roma (1522-1524). Representou a escola romanista holandesa influída pola arte italiana do s XVI, especialmente veneciana. Destacan os seus retratos con fondos de paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO