Scorel, Jan van

Scorel, Jan van

Pintor neerlandés. Discípulo de Jacob Cornelisz, foi influído por Gossaert. Viaxou por Alemaña, Venecia e Terra Santa (1519-1522). Con Adrián VI, foi conservador das antigüidades de Roma (1522-1524). Representou a escola romanista holandesa influída pola arte italiana do s XVI, especialmente veneciana. Destacan os seus retratos con fondos de paisaxe.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Schoorl

  • Deceso

    Lugar : Utrecht