"Corrubedo" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • ENTRADA LARGA

    Área natural do extremo occidental da Península do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia, ao N, e de Arousa, ao S. A enseada sedimentaria de Corrubedo é un amplo entrante delimitado por acantilados baixos de orixe granítica e, cara ao interior, por unha serie de pequenas elevacións que non superan os 300 m de altitude. Constitúe un singular sistema de praia-barreira composto por un grande areal de máis de 4 km de lonxitude, cun extenso campo dunar asociado (que pecha no seu interior a pequena lagoa de Carregal) e unha área de marismas sucada por numerosas canles que conflúen nunha bocana central que desaloxa as súas augas no océano. A periodicidade das mareas permite que durante a preamar circulen pola bocana as augas mariñas que asolagan as marismas e elevan o nivel da lagoa. Cara ao S do complexo, a lagoa de Vixán presenta, pola contra, augas de baixa salinidade ao estar practicamente illada do mar (recibe auga salgada unicamente durante as mareas vivas primaverais e de fins do verán)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral occidental da península do Barbanza, na parroquia homónima do concello de Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada e praia do litoral sudoccidental da península do Barbanza entre as parroquias de Corrubedo, Olveira, Artes, Carreira e Aguiño, todas do concello de Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribeira baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

    VER O DETALLE DO TERMO