Buchenwald
Buchenwald
Localidade de Turinxia, preto de Weimar, Alemaña, no bezirk de Erfurt, onde houbo un dos campos de concentración nazis máis importante. Creado no ano 1936 para presos políticos, durante a Segunda Guerra Mundial converteuse nun lugar de exterminio sistemático de polacos e xudeus. A administración soviética continuou a utilizalo para fins similares entre 1945 e 1950.