Temas
Localidade do estado de Madhya Pradesh, India, onde hai un stupa edificado en tempos de Asoka (250 a C) e con algunhas adicións posteriores. Os baixorrelevos, cunha influencia artesá persa, presentan símbolos budistas como a roda, as árbores e o loto, así como ilustracións das historias de Jātaka e escenas da vida de Buda. Nestas últimas emprega o método narrativo continuado, de moita importancia para o estudo da historia do Budismo.
Localidade alemá próxima a Weimar onde se localizaron en 1914, 1916 e 1923, restos de fósiles humanos (dúas mandíbulas e fragmentos de cranios). Presentaban unha mestura de trazos arcaicos e evolucionados que dificultaron a súa clasificación. Estaban asociados á fauna de clima temperado do período interglaciar Riss-Würm.
Localidade do NO de Groenlandia, estación militar de EE UU. Foi o punto de partida das denominadas expedicións de Thule (1912 -1933), levadas a cabo por K. Rasmussen, para o estudo dos esquimós.
Localidade da Panonia, á beira do Danubio e situada a uns 25 kms de Viena. Conquistada polos romanos, serviu como residencia e porto das lexións romanas e da escuadra do Danubio. O Emperador Marco Aurelio empregouna como cuartel de inverno nas campañas contra os marcomanos. Foi arrasada polos húngaros no s IX.
Localidade de Inglaterra, no Condado de Wiltshire, a 10 km de Marborough (560 h). Neste lugar atópase un dos máis famosos recintos cerimoniais que se desenvolveron no III milenio a C. Consta dun gran recinto limitado por un potente muro exterior de 360 m de diámetro formado por unhas 100 pedras verticais, un foso intermedio e, como peche interior, un gran círculo de pedras. Unha avenida de menhirs de máis de 1,5 Km fai de entrada ao conxunto, que debía ser un santuario ao aire libre.
Localidade do Lacio, Italia (32.101 h [1991]). É un porto pesqueiro do mar Tirreno e centro de veraneo. Corresponde á antiga Antium, que foi conquistada por Roma, chegando durante a Época Imperial a ser unha famosa estación de ocio. Nas escavacións realizadas atopáronse numerosas obras de arte, entre elas a Moza de Anzio, estatua probablemente grega do s III a C, o Apolo do Belvedere e o Gladiador Borghese.
Localidade do municipio de Barrios de Colina, provincia de Burgos, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Conta cun complexo cenobial composto por un igrexa monástica fundada polo santo e arquitecto San Juan de Ortega (1080-1163), dous edificios monacais e un hospital.
Localidade do estado de Novo México, ao O de EE UU. Situada nun deserto, foi escollida para instalar un laboratorio para proxectar a bomba atómica.
