Melk
Melk
Localidade da Baixa Austria, Austria, situada á beira do río Danubio (5.074 h [1981]). Foi, sobre todo entre os ss XI e XIII, un importante centro cultural, grazas á abadía homónima, cunha biblioteca moi rica, importante sobre todo polos manuscritos. Hai un castelo do s X.