Taba

Taba

Localidade de Exipto, situada na costa NL do Sinaí, preto do golfo de ‘Aqaba, ao SO de Elat. Israel ocupouna durante a guerra de 1973 e construíu numerosos complexos turísticos. A pesar da devolución do Sinaí a Exipto en 1982, pertenceu a Israel ata 1989.