Temas

San Martín del Camino

Localidade do municipio de Santa Marina del Rey, provincia de León, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

Más >
Pereje

Localidade do municipio de Villafranca del Bierzo, na provincia de León, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Desde 1118 ata o s XIX pertenceu ao Cebreiro como doazón de Dona Urraca, etapa en que se creou un hospital para peregrinos.

Más >
Aniana

Localidade do Languedoc, Occitania, no departamento francés de Erau, á esquerda do río Erau. Neste lugar, no 782, Vítiza fundou un mosteiro que tomou o nome de Bieito ( Bieito de Aniana), fillo do conde de Magalona. A protección que obtivo de Carlomagno e dalgúns nobres da rexión convérteno nun dos centros relixiosos e culturais máis importantes de Aquitania. O mosteiro foi suprimido en 1790.

Más >
Mühlberg

Localidade do land de Brandenburgo, Alemaña, situada na ribeira dereita do Elba (3.600 h [1982]). Foi fundada no s XIII, ao amparo dun castelo e dun mosteiro cisterciense. É coñecida pola Batalla de Mühlberg (24 de abril de 1547), na que se enfrontaron as tropas do Emperador Carlos V e as da Liga de Esmalcalda. Os exércitos imperiais, xunto co futuro Fernando I, Mauricio de Saxonia e Xoán de Brandenburgo, atacaron ao elector de Saxonia, Xoán, un dos xefes da Liga de Esmalcada, que recuou ata Mühlberg, onde foi vencido por sorpresa polas forzas de Carlos V.

Más >
San Miguel del Camino

Localidade do municipio de Valverde de la Virgen, provincia de León, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Conserva os restos dun hospital de peregrinos do s XII.

Más >
Castrillo de los Polvazares

Localidade do concello de Astorga, na comarca de La Maragatería, integrada na provincia de León e na Comunidade Autónoma de Castela e León. Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, constituía un concello independente ata a súa incorporación ao de Astorga. Declarado Ben de Interese Cultural, está considerado como o arquetipo da arquitectura popular maragata, pois conserva este estilo nos seus edificios, na estrutura e mesmo no pavimentado do asentamento.

Más >
Amarāvatī

Localidade arqueolóxica do estado de Andra Pradesh, India, nas marxes do río Krishna. Foi o centro da civilización budista dos āndhra (dende o s II a C ata o fin da dinastía gupta, no 320 d C). As ruínas do santuario foron descubertas por arqueólogos ingleses a mediados do s XIX. O monumento máis importante é a gran stūpa, que segue o modelo dos sānchi, e está recuberta de ricos revestimentos esculpidos. As esculturas, dun naturalismo profundo e luxuriante (Triunfo de Buda sobre o elefante Nālagiri), son da época do seu apoxeo (150-320 d C).

Más >
Arleta

Localidade do tramo navarro do Camiño de Santiago, entre Zabaldika e Trinidad de Arre.

Más >
Aubusson

Localidade occitana, no departamento de Creuse, Francia (5.097 h [1990]), célebre pola súa artesanía tapiceira, coñecida xa desde 1457 e de moita sona nos ss XVI e XVII.

Más >
Loading