Rabanal del Camino
Rabanal del Camino
Localidade do municipio de Santa Colomba de Somoza, provincia de León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Tivo un hospital para peregrinos e, segundo a tradición, na denominada casa das Cuatro Esquinas hospedouse Filipe II durante a súa viaxe a Compostela. Destaca a igrexa parroquial de Nuestra Señora de la Asunción (BIC, 1982), que conserva de época románica a cabeceira e o lado leste da nave.