‘Alamein, El-
‘Alamein, El-
Localidade exipcia, situada 100 km ao SO de Alexandría. Foi escenario durante a Segunda Guerra Mundial de dous importantes combates. No primeiro, do 30 de xuño ao 25 de xullo de 1942, o Xeneral británico Auchinleck conseguiu deter o avance cara ao Nilo do Afrikakorps do Xeneral alemán, logo Mariscal, E. Rommel. O segundo e de maior sona, librárono o exército de Rommel e o do Xeneral británico Montgomery entre o 23 de outubro e o 3 de novembro de 1942. A desfeita dos alemáns marcou o comezo da liberación do N de África do dominio das tropas do Eixo.