Custozza

Custozza

Localidade do Veneto, Italia, onde tiveron lugar dúas batallas con vitoria austríaca durante o movemento de unificación e independencia de Italia. Na primeira, en xullo de 1848, as tropas do xeneral Radetzky derrotaron o Rei Carlos Alberte de Sardeña. Na segunda, en xuño de 1866, o arquiduque Alberte de Austria derrotou as forzas do rei de Italia, Víctor Manuel II.