"Corvacho" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume. Remite ao latín corvu + o sufixo de carácter despectivo -asculu. A motivación deste antropónimo é a mesma ca a do apelido Corvo: ten orixe nun alcume aplicado a unha persoa traizoeira e cruel, adxectivos cualificativos aplicados tradicionalmente ao animal do mesmo nome. Documéntase como alcume desde o s XIII: “Johannes Pelagii ditus Corvacho” (doc ano 1266 en M. Carmen Pallares Méndez, Ermelindo Portela Silva, El bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII. Economía agraria y estrutura social, 1971, p 122). A forma maioritaria que se atesta deste apelido presenta -b- non etimolóxico (Corbacho).
-
PERSOEIRO
Presbítero e profesor. Foi profesor da Escola Normal de Pontevedra, onde ensinaba pedagoxía e traballos manuais en 2º curso do grao elemental, e ocupou a súa secretaría en dous períodos (de 1886-1887 a 1892-1893 e de 1896-1897 a 1898-1899). Despois foi profesor da Escola Normal de Santiago de Compostela, onde se documenta no ano 1906 e no 1919. No curso 1922-1923 volveu a Pontevedra. Publicou a obra Apuntes de una Memoria para el Catequístico de Granada (1926).
VER O DETALLE DO TERMO