Corvacho
Corvacho
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume. Remite ao latín corvu + o sufixo de carácter despectivo -asculu. A motivación deste antropónimo é a mesma ca a do apelido Corvo: ten orixe nun alcume aplicado a unha persoa traizoeira e cruel, adxectivos cualificativos aplicados tradicionalmente ao animal do mesmo nome. Documéntase como alcume desde o s XIII: “Johannes Pelagii ditus Corvacho” (doc ano 1266 en M. Carmen Pallares Méndez, Ermelindo Portela Silva, El bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII. Economía agraria y estrutura social, 1971, p 122). A forma maioritaria que se atesta deste apelido presenta -b- non etimolóxico (Corbacho).