Coruxo, torres de
Coruxo, torres de
Construción palaciana situada en Liáns (Oleiros). Pertenceu a Antonio Freyre de Moscoso; a finais do s XVIII o seu dono era Martín de Torres Moreno, cabaleiro de Santiago. Esta familia modificou a casa e, trala morte sen descendentes de Fernando de Torres Calderón, pasou a pertencer ao Movimiento Nacional, que efectuou unha reforma coa que modificou a estrutura orixinaria da mesma. Trátase dunha construción formada por diferentes corpos en L, algún deles adoitan a forma de torre. Está coroada por ameas que percorren o seu perímetro. En 1994 foi declarada Ben de Interese Cultural.