"Covade" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Prenome derivado de Cucuphate, nome dun santo africano do s III martirizado cerca de Barcelona. San Covade, un dos santos máis antigos no culto hispánico (s IX), celébrase o 25 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián de orixe africana. Encarcerado polo procónsul Galerio, despois de saír milagrosamente ileso de diversas probas, foi decapitado durante as persecucións de Diocleciano no Castrum Octavianum, (identificado con Sant Cugat del Vallés); posteriormente, foi enterrado polas lendarias Juliana e Semproniana de Iluro. A lenda conta que Xelmírez (s XII) trouxo a Compostela os ósos deste santo dende Braga. Na iconografía viste unha longa túnica romana cunha lacerna e leva, como atributos, unha xostra ou látego, unha espada ou unha macheta (símbolos do seu martirio). A súa festa celébrase o 25 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO