Covade, san

Covade, san

Mártir cristián de orixe africana. Encarcerado polo procónsul Galerio, despois de saír milagrosamente ileso de diversas probas, foi decapitado durante as persecucións de Diocleciano no Castrum Octavianum, (identificado con Sant Cugat del Vallés); posteriormente, foi enterrado polas lendarias Juliana e Semproniana de Iluro. A lenda conta que Xelmírez (s XII) trouxo a Compostela os ósos deste santo dende Braga. Na iconografía viste unha longa túnica romana cunha lacerna e leva, como atributos, unha xostra ou látego, unha espada ou unha macheta (símbolos do seu martirio). A súa festa celébrase o 25 de xullo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : África