"Creonte" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Poeta grego, fillo de Skitines de Teos. Coa súa poesía, da que quedan fragmentos moi breves, traslada a dominio xónico a lírica monódica eólica. Odiou a guerra e cantoulle ao viño e ao amor tanto homosexual como heterosexual. A súa obra lírica foi traducida ao galego por Florencio Vaamonde Lores (Odas, 1897). Un poema foi traducido por J. Pérez Ballesteros en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Tebas, fillo de Meneceo. Pouco despois de ocupar o trono tebano -trala morte de Laio a mans de seu fillo Edipo-, unha praga asolou a cidade: apareceu unha esfinxe que lles propuña adiviñas aos tebanos e que devoraba os que non as acertaban. Este ritual acabou cando Edipo a acertou e se converteu no libertador de Tebas. Creonte cedeulle entón o trono e a súa irmá Iocasta como esposa (viúva de Laio e nai de Edipo aínda que ninguén o sabía). Despois de que unha peste volvera ameazar a cidade, Creonte consultou o oráculo de Delfos e soubo do incesto; como consecuencia, recuperou o trono e Edipo foi desterrado ao deserto. Durante as batallas dos Sete Xefes contra Tebas ofreceu o seu fillo Megareo en sacrificio a Ares e conseguiu salvar a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Corinto, fillo de Licáeto. Educou os fillos de Alcmeón e Manto. Ao seren estes expulsados de Iolco, deulles refuxio na súa corte a Xasón e Medea. Logo de varios anos, Creonte decidiu casar a súa filla Glauce, ou Creusa, con Xasón; pero Medea, celosa e anoxada, vingouse da súa rival: envioulle un vestido á novia que a queimou por completo.

    VER O DETALLE DO TERMO