Creonte

Creonte
[MIT]

Rei de Corinto, fillo de Licáeto. Educou os fillos de Alcmeón e Manto. Ao seren estes expulsados de Iolco, deulles refuxio na súa corte a Xasón e Medea. Logo de varios anos, Creonte decidiu casar a súa filla Glauce, ou Creusa, con Xasón; pero Medea, celosa e anoxada, vingouse da súa rival: envioulle un vestido á novia que a queimou por completo.

Palabras veciñas

creodonte | creófilo -la | Creonte | Creonte | Creontíades | creosol | creosota