"Croto" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 21.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia de certos vexetais á xerminación das xemas apicais e periféricas.
-
-
Que pertence a orde acrotorácicos.
-
Crustáceo da orde dos acrotorácicos.
-
Orde de crustáceos da subclase cirrípedos, integrado por individuos sen segmentos abdominais, con seis pares de cirrios, que viven sempre fixados pola rexión preoral.
-
-
PERSOEIRO
Médico grego da escola de Pitágoras. O máis importante de entre os anteriores a Hipócrates, tentou conxugar o razoamento filosófico coa observación dos enfermos e a experimentación nos animais. Atribúeselle o descubrimento dos nervios ópticos, das trompas de Eustaquio e da distinción entre veas e arterias, que cría que conducían aire.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático grego. Escribiu cinco libros sobre Os lugares sólidos, onde formulou teoremas sobre os cinco sólidos regulares e sobre as curvas cónicas. Tivo influencia sobre Euclides, pero algúns consideran o tratado de Aristeo máis importante e orixinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Pan e de Eufeme, ama de cría das musas, coas que vivía no Helicón. A petición destas, Zeus transformouno en constelación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto ou pequena árbore de follas lanceoladas, con flores pequenas, agrupadas en acios solitarios e froitos capsulares dehiscentes. Natural do arquipélago malaio, de Australia e doutras illas de Oceanía, cultívase para a obtención do aceite de crotón, amplamente empregado antano coma revulsivo, vesicatorio e purgante drástico. Tamén recibe o nome de rícino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe mítico co que se relaciona a fundación da cidade de Crotone.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos isómeros cis- e trans- do 2-butenal, de fórmula CH3-CH=CH-CHO. Son líquidos pouco solubles en auga, inflamables, de cheiro sufocante e lacrimóxenos, que ferven a 104°C. Obtéñense por condensación aldólica de dúas moléculas de acetaldehido e empréganse como intermediarios en síntese orgánica e como solubilizantes. Tamén recibe o nome de aldehido crotónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Calabria, Italia (1.717 km2; 175.010 h [estim 1999]).
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Calabria, Italia (59.743 h [estim 1999]). Ten un porto comercial, principalmente de produtos agrícolas. Na súa industria destaca o sector químico. Colonia fundada polos gregos na Magna Grecia ao redor do 708 a C, converteuse na capital da rexión do Brutio despois de destruír a cidade de Sibaris (510 a C). Foi o lugar escollido por Pitágoras de Samos para establecer a súa escola filosófica, que exerceu unha notable influencia na política e na moral. Sufriu os ataques e saqueos de Agátocles, Pirro e Aníbal no s III a C e foi conquistada polos romanos no 277 a C. No ano 194 a C converteuse en colonia romana. Durante a Idade Media cambiou o seu nome polo de Cotrona, ata que en 1928 recuperou a antiga denominación.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao composto que contén o radical crotonilo, como o ácido crotónico ou o aldehido crotónico ou crotonaldehido.
-
Cada un dos isómeros cis- e trans- do ácido 2-butenoico, de fórmula CH 3 -CH=CH-COOH, especialmente o trans-. A forma trans- é un sólido branco cristalino que funde a 72°C e que se emprega na obtención de suavizantes do caucho sintético. A forma cis- denomínase tamén ácido isocrotónico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical de fórmula CH3-CH=CH-C-C-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de condensación, con deshidratación, dun aldehido ou dunha cetona con outro aldehido ou outra cetona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Axenor, rei de Argos. Tivo dous fillos, Estenaleo e Psámate. Froito da súa unión con Apolo, Psámate enxendrou a Lino, meniño que abandonou ao nacer. Este, tras ser recollido por uns pegureiros, morreu devorado polos seus cans. Cando Psámate lle contou a seu pai a desgracia, mandouna executar. Apolo, anoxado, envioulles unha peste aos arxivos. Consultado o oráculo para porlle fin a esta praga, o pobo arxivo dedicoulles un culto a Psámate e a Lino. Axenor foi desterrado e fundou unha cidade en Megáride e, logo de morrer, Apolo enviouno ao Tártaro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bolsa de pel fina e rugosa que recobre os testículos na súa parte exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hernia que se produce no escroto.
-
FILOSOFOS
Filósofo pitagórico, médico e astrónomo grego. Mestre de Demócrito e de Arquitas, desenvolveu un sistema cosmolóxico no que a Terra se movía polo espazo de igual xeito que os outros astros, sen ter un papel privilexiado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para facer cortes moi finos e regulares de tecidos vexetais ou animais para a elaboración de preparacións microscópicas. O micrótomo de caracol ou manual emprégase principalmente para cortar tecidos vexetais. Os micrótomos universais son de precisión e máis complexos e variados, e o material debe ser incluído previamente en parafina, celoidina ou calquera outra substancia plástica. O micrótomo de conxelación emprégase para cortar material conxelado. A microscopia electrónica esixe o uso dun aparato de alta precisión, denominado ultramicrótomo.
-
PERSOEIRO
Atleta. Entre 540 e 516 a C, conseguiu un gran número de vitorias como loitador nos Xogos Olímpicos, píticos, ístmicos e nemeos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio que se obtén dos froitos da coca do levante (Anamirta cocculus). É un tóxico de acción moi semellante á estricnina e pouco empregada como parasiticida.