crotón

crotón

(< grκρότων ‘rícino’)

Nome científico: [Codiaeum variegatum, Famdas euforbiáceas]
s m [PLANTA]

Arbusto ou pequena árbore de follas lanceoladas, con flores pequenas, agrupadas en acios solitarios e froitos capsulares dehiscentes. Natural do arquipélago malaio, de Australia e doutras illas de Oceanía, cultívase para a obtención do aceite de crotón, amplamente empregado antano coma revulsivo, vesicatorio e purgante drástico. Tamén recibe o nome de rícino.

Palabras veciñas

Crotalus | Crotch, William | Croto | crotón | Crotón | crotonaldehido | Crotone