"Cuenca" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área natural da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, localizada uns 35 km ao NL da capital provincial. O territorio está constituído por uns 20 km2 de formacións cársticas que adopta formas variadas e caprichosas.
-
CIDADES
Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, situada na confluencia do río Júcar co Huécar, nos contrafortes occidentais do Sistema Ibérico (43.733 h [1996]). A cidade está situada nun outeiro da marxe esquerda do río Júcar, que desde o s XIX se vai estendendo cara á chaira; conserva o núcleo antigo constituído por unha rúa, paralela aos ríos, con casas colgadas sobre o acantilado calcario, que se converteron nun símbolo para a cidade. É un importante centro administrativo, así como mercado agrícola e forestal. A actividade industrial é escasa, nela destaca o sector alimentario e a elaboración de madeira. Nos últimos anos adquiriu grande importancia o turismo. As primeiras informacións sobre a cidade datan das crónicas musulmanas do ano 784. En 1177 Afonso VIII reconquistóullela aos árabes, coa axuda doutras forzas cristiás. En 1189 converteuse en sé episcopal. Durante o s XVI a cidade foi cabeceira dun dos distritos gandeiros da Mesta, e a decadencia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Santa Ana de Cuenca Capital da provincia de Azuay, Ecuador, situada nos contrafortes da cordilleira dos Andes, nunha rexión agrícola e gandeira (255.028 h [1997]). Nos últimos anos experimentou un gran crecemento que a converteu na terceira cidade máis importante do país. A industria constitúe a base da súa economía, da que destacan a fabricación de electrodomésticos e mobles, e a produción de papel e tecidos. Co tempo adquiriu grande importancia o sector conserveiro. Tamén cómpre salientar as actividades comerciais e bancarias. Fundouna en 1557 Gil Ramírez Dávalos sobre a cidade indíxena de Torrebamba co nome de Santa Ana de los Ríos de Cuenca. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, o colexio de los Sagrados Corazones e o convento de El Carmen. A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade (1999).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha (17.061 km2; 201.712 h [1996]) que ten a súa capital na cidade homónima. Abrangue un total de 238 municipios, e a súa rede de asentamentos amosa unha clara macrocefalia arredor da capital provincial, malia que só conta con 43.733 h. Despois deste núcleo urbano séguelle Tarancón, con 11.304 h, e xa cun volume moito menor, unha serie de concellos que oscilan entre os 5.000 e os 6.500 h (San Clemente, Quintanar del Rey, Las Pedroñeras, Mota del Cuervo e Motilla del Palancar). Cun clima continental, a temperatura media anual é de 14°C e as precipitacións oscilan entre os 450 e os 600 mm anuais. A economía da provincia baséase principalmente na explotación forestal e na agricultura, na que destacan os cultivos de cereais, hortalizas, árbores froiteiras e plantas industriais. Do seu patrimonio natural cómpre salientar a Ciudad Encantada de Cuenca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe castelá que se estendeu por Galicia, Murcia, Andalucía e València. A rama galega trae, en campo de goles, un cáliz de ouro, superado dunha estrela de prata.
-
GALICIA
Químico. Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou a cátedra de Química Orgánica da facultade de Farmacia da mesma universidade e a dirección do Laboratorio Municipal de Santiago de Compostela. Recibiu a medalla de Afonso XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ribadeo o 5 de maio de 1866 e que rematou a súa edición o 29 de xaneiro de 1867. Impresa por Norberto Cascante, tiña unha periodicidade semanal. Subtitulouse “Periódico de noticias e intereses morales y materiales”, e estaba dirixida por Segundo Moreno Barcia e Benigno Pico Bermies. Incluía información referida á localidade onde se editaba.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. En 1852 ingresou na escola do Estado Maior, onde obtivo o grao de tenente coronel despois dunha serie de campañas en África. Como bolseiro do exército, estudiou en distintos armamentos militares de Francia, Bélxica, Holanda, Prusia e Portugal. Despois foi enviado a Filipinas, onde só estivo un ano por mor da súa elección como deputado pola Cañiza en 1863; deste xeito, ocupou o posto que fora do seu pai, Lourenzo de Cuenca. En 1876 foi destinado a Cuba como brigadier e xefe do Estado Maior da capitanía xeneral da illa, e posteriormente foi nomeado capitán xeneral de Canarias. Pouco antes da súa morte alcanzou o grao de tenente xeneral e xefe do cuarto militar da raíña rexente. Recibiu as cruces de San Juan e Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político moderado. Dedicado desde moi novo á administración do Estado, foi oficial do ministerio e gobernador antes de ser elixido deputado polo distrito da Cañiza, cargo que ocupou en catro ocasións (1846-1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, tradutor e crítico literario. Doutor en Filoloxía Clásica, profesor de investigación do CSIC, dirixiu a Biblioteca Nacional (1996-1999) e foi secretario de Estado de Cultura desde 1999. Colaborador en diversas revistas especializadas (Etcétera, Álbum de lecturas e Señales de humo), publicou, entre outras obras, os poemarios Los retratos (1971), Elsinore (1972), Scholia (1978), Necrofilia (1983), La caja de plata (1985, Premio de la Crítica 1986), El otro sueño (1987), El hacha y la casa (1993), Por fuentes y fronteras (1996) e a antoloxía Los mundos y los días: poesía 1972-1998 (1999); e as traducións Himnos, epigramas y fragmentos, de Calímaco (1980), Antología de la poesía latina (1981), Historia de los reyes de Britania, de Geoffrey de Monmouth (1984), Cantar de Valtario (1987, Premio Nacional de Tradución 1989) e El caballero de la...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zarzuelista e escritor. Residiu en Madrid, onde cursou a carreira de dereito civil e canónico e a de administración. Colaborador asiduo de Madrid Cómico, en 1873 estreou Pruebas de fidelidad e a partir de 1876 empezou a colaborar con Vital Aza (Noticia fresca), Campos Arana (Los trapos de cristianar) e, sobre todo, con R. Chapí (Música clásica, La serenata). Como poeta escribiu o volume Fábulas y cuentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte abstracta fundado polos pintores Fernando Zóbel, Gerardo Rueda e Gustavo Torner en 1966, con sede nas casas colgadas de Cuenca. Os fondos iniciais, propiedade de Fernando Zóbel, constituían o mellor exemplo de arte abstracta española das décadas de 1950 e 1960. Desde 1980, converteuse en propiedade e responsabilidade da Fundación Juan March de Madrid, que contribuíu coa incorporación de novas obras. En 1987 recibiron as obras da colección Amos Cahan. Conta cunha biblioteca e coa edición de obra gráfica.