"Cuntis" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Cuntis, o seu uso inicial data de época romana; sen embargo, a primeira instalación hosteleira non se realizou ata 1860.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome orixinal do concello de Cuntis, constituído en 1813. Mantivo esta denominación nas sucesivas divisións municipais de 1821 e 1836 e durante todo o s XIX. A vila de Cuntis, que foi sempre a capital municipal, pertencía á parroquia de Baños e rematou por impor o seu nome ao concello e á parroquia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que xurdiu na comarca de Cuntis e Moraña (Pontevedra) en 1918. Cando Xosé Vázquez Grela conseguiu o control da sociedade de labradores de Cuntis pasou a dirixir esta publicación agrarista de tendencia anticaciquista. Este boletín alonga a súa existencia ata 1922, data na que se converte nun quincenario agrarista de Moraña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Cuntis.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Caldas, situado na provincia de Pontevedra no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N e ao L co concello da Estrada (comarca de Tabeirós-Terra de Montes), ao S cos de Campo Lameiro (comarca de Pontevedra) e Moraña, e ao O cos de Caldas de Reis e Valga (estes tres últimos da comarca de Caldas). Abrangue unha superficie de 79,8 km 2 cunha poboación de 5.184 h (2007), distribuídos nas parroquias de Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns. A capital do concello é a vila de Cuntis, situada a 42° 37’ de latitude N e 8° 33’ de lonxitude O, 27 km ao N de Pontevedra e 26 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Caldas de Reis e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Cuntis está baixo o dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival. As temperaturas son moderadas ao longo do ano e a media anual é de 14,6°C. O mes máis frío é xaneiro,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María de Cuntis.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial localizada en Cuntis. Coñecida tamén como San Xurxo de Cuntis, foi construída no s XVIII sobre unha antiga igrexa románica. Nos pés dun dos piares do interior figura unha inscrición na que data a primitiva construción en 1078. Esa primeira igrexa e a casa do abade Adaulfo foron doadas pola Raíña Urraca ao bispo Diego Xelmírez e ao cabido da igrexa de Santiago en 1116. Da construción barroca destacan as elevadas torres con balaustradas. Conserva perpiaños da primitiva igrexa románica incrustados nos muros. No interior cómpre salientar a imaxe de san Sebastián e un crucificado do obradoiro de Xosé Ferreiro. No adro hai sepulturas antigas e unha lápida sepulcral da Alta Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -