"Curros Enríquez" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal que se editou por vez primeira en 1911 en La Habana e que cesou en 1914. Subtitulouse “Órgano de la Sociedad Pro Cesures, Ares y Souto”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual bilingüe que apareceu en La Habana o 1 de agosto de 1944. Actuaba como voceiro da sociedade do mesmo nome que reunía os naturais do partido xudicial de Celanova. Dirixida por Antonio Tonda Doltz, actuaba como xefe de redacción Jorge Amador e como administrador Jesús L. Antuñano. Contaba coa colaboración de Ramón Marcote, Ramón Blanco, Jesús Peynó e Enrique González, entre outros. Incluía información sobre as actividades da sociedade, novas relacionadas con vodas, nacementos e aniversarios. Ademais, incluíronse algúns poemas de Curros Enríquez e cantigas populares en lingua galega, recensións de libros, entrevistas e algunhas narracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A fundación constitúese o 6 de maio de 2004 co apoio do Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, a Consellería de Cultura, a Consellería de Educación, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as tres universidades e as dúas caixas de aforro galegas, para facerse cargo da antiga casa familiar do poeta Curros Enríquez, que foi nomeada Monumento histórico-artístico de interese local en 1976. A restauración da casa foi subvencionada polas tres primeiras institucións xunto co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, e na actualidade alberga un museo sobre a vida e obra de Curros Enríquez e doutros escritores celanovenses, como Celso Emilio Ferreiro, Castor Elices ou Méndez Ferrín. As instalacións, chamadas por este motivo Casa dos Poetas, preséntanse como un edificio típico da Galicia vilega de mediados do século XIX, cun patio interior que o conecta a outra vivenda de estrutura máis rural. Na parte posterior ubícase unha horta anexa onde se organizan actividades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Fillo de Xosé María de Curros Vázquez, escribán natural de Melide, e de Petra Enríquez Nogueira, oriúnda de Vilanova dos Infantes, pasou a súa infancia e primeira mocidade na súa vila natal marcado pola tiranía e o integrismo católico do pai, home despótico e violento. Rematados os estudios elementais na escola de Manuel Rebollo, comezou a traballar como escribente para o seu pai, ao tempo que se impregnou da literatura clásica e romántica. A situación entre pai e fillo acabou por facerse insufrible e Manuel, con quince anos, fuxiu da casa paterna cara a Ourense onde o acolleu un antigo compañeiro de escola. De Ourense partiu para Madrid (entre 1866 e 1867); alí instalouse na casa do seu irmán Ricardo e iniciou os estudios de bacharelato xunto cos de dereito, que non rematou. Na capital atopou a protección e favor do ourensán Modesto Fernández González, delegado de Facenda e xornalista que o iniciou nesta última profesión. Participou na Revolución de Setembro de 1868, denominada...

    VER O DETALLE DO TERMO