Curros Enríquez

Curros Enríquez
[PUBLIC]

Revista mensual bilingüe que apareceu en La Habana o 1 de agosto de 1944. Actuaba como voceiro da sociedade do mesmo nome que reunía os naturais do partido xudicial de Celanova. Dirixida por Antonio Tonda Doltz, actuaba como xefe de redacción Jorge Amador e como administrador Jesús L. Antuñano. Contaba coa colaboración de Ramón Marcote, Ramón Blanco, Jesús Peynó e Enrique González, entre outros. Incluía información sobre as actividades da sociedade, novas relacionadas con vodas, nacementos e aniversarios. Ademais, incluíronse algúns poemas de Curros Enríquez e cantigas populares en lingua galega, recensións de libros, entrevistas e algunhas narracións.