"Cuzco" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Cuzco, Perú, situada nun altiplano dos Andes orientais, a 3.410 m de altitude (278.590 h [estim 1998]). A cidade actual é centro comercial e de comunicacións, ademais de núcleo industrial da rexión. Destaca tamén como centro turístico. Segundo a lenda, os irmáns Manco Capac e Mama Ocllo, fillos do Rei Sol, que tiña a misión de fundar unha cidade, estableceron a cidade inca. Parece que a fundación tivo lugar no s XIII e o seu nome significa ‘embigo do mundo’. Capital do Imperio Inca, estaba defendida por un poderoso sistema de fortificacións e contaba cun gran número de construcións arquitectónicas de gran magnitude. Á chegada dos españois, a cidade estaba inmersa no conflito motivado polas desavinzas entre os dous fillos do inca Huaina Capac, o primoxénito Huascar e Atahualpa, quen conservou a coroa de emperador ata que foi asasinado por Francisco Pizarro en 1533. Ao ano seguinte fundouse a cidade colonial sobre a inca. Os enfrontamentos entre os españois e os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Perú (72.104 km2; 1.131.061 h [estim 1998]). A súa capital é Cuzco. Situado no S do país, na cordilleira dos Andes, a súa economía baséase no sector agropecuario.

    VER O DETALLE DO TERMO