"DZ" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 59.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (5.230 km2; 237.265 h [1988]). A capital é Adzopé (21.147 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Kemerovo, en Rusia (107.000 h [estim 1991]). En 1928 fíxose a unión das poboacións de Anžero e de Sudžensk. Centro hulleiro desenvolvido na conca de Kuznetsk, preto de Novosibirsk, a súa importancia aumentou coa construción do ferrocarril transiberiano. Posúe industria química, do vidro e de equipamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, ensaísta e autor dramático de lingua azarí. Autor dunha peza teatral (O niño do gabián, 1921), dun poema (Á morte de Puxquin, 1837) e dunha novela (As estrelas enganadas, 1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ autónoma dos Hebreos, en Siberia, Rusia (83.667 [1995]). Situada na chaira de inundación do río Amur, nunha encrucillada do ferrocarril transiberiano, conta cun centro manufactureiro relacionado con Khabarovsk. O nome designa tamén o territorio da oblast’ autónoma dos Hebreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facies cultural do Calcolítico (III milenio) localizada en Tokaj (Hungría), continuación da de Tiszapolgar. Son coñecidas as súas necrópoles, caracterizadas pola presenza de vasillas con dúas asas, copas con pé oco e machados de cobre. Así mesmo, do estudo das necrópoles dedúcese a existencia de diferencias sociais: os homes descansan sobre o seu lado dereito xunto cun coitelo de sílex e as mulleres sobre o esquerdo xunto con colares de perlas e xoias de ouro. Tamén parece existir unha disposición diferenciada en relación co rango do individuo enterrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e editor lituano. Coa ocupación soviética marchou a Alemaña (1944) e despois aos EE UU (1949), onde se dedicou á edición dunha Lietuviu Enciklopedija (Enciclopedia Lituana); máis tarde levou a cabo unha publicación sobre a cultura lituana titulada Lietuviu Dienos (Días lituanos). Poeta de grandes contrastes, recibiu tanto as influencias realistas como románticas, líricas ou dramáticas. Destaca o seu libro de poemas Amzinas zydas (O xuízo eterno, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario polaco. Tivo un papel conciliador nas loitas entre os clasicistas e os románticos. De entre os seus poemas foi moi célebre o idilio Wislaw (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, especialista en enfermidades do sistema nervioso. Fixo valiosas contribucións ao diagnóstico clínico das meninxites, entre as que destacan os signos de Brudziński.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reflexos de orixe muscular, que consisten na flexión lixeira dos xeonllos ao dobrar pasivamente a caluga do enfermo en decúbito supino e na flexión ou extensión dun membro inferior ao dobrar intensamente o membro oposto; estes aparecen en casos de irritación meninxia (meninxite).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ do mesmo nome e sita no Turkmenistán (166.400 h [1991]). É un núcleo industrial onde destacan as empresas químicas, de material de construción e de alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ do Turkmenistán (93.800 km2; 775.000 h [1991]). A súa capital é Čardžou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Malawi, na rexión Meridional (767 km2; 254.100 h [estim 1990]). A capital é Chiradzulu (689 h [1976]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. En 1974 acadou o grao de mestra internacional de xadrez e en 1978 proclamouse campioa do mundo, título que mantivo ata 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo serbio. Foi profesor en Belgrado e, dende 1866, foi membro da academia iugoslava de Zagreb. Autor das primeiras gramáticas da lingua serbia, editou moitos textos do serbio antigo. Foi un dos primeiros estudiosos da gramática histórica e da dialectoloxía da lingua serbia: Historia das formas das linguas serbia e croata da metade do s XVII (1874) e Dicionario dos monumentos literarios serbios (1863-1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Malawi, na Rexión Central (3.624 km2; 475.000 h). A súa capital é Dedza (5.578 h [1976]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome ruso de Dniprodzerzhyns’ke.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Dnipropetrovs’k, Ucraína (275.000 h [1998]). Fundada a mediados do s XVIII no antigo lugar de Kamenskoje, na marxe dereita do río Dniéper. É un destacado núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xeorxiano. A súa primeira novela, Ja, babuška, Illiko e Illarion (Eu, a avoa, Iliko e Illarion, 1959), acadou moito éxito e foi traducida a diversas linguas. Nas súas obras describiu episodios da vida rusa e subliñou as calidades morais e o sentido do humor dos personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Alxeria na placa do Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO