Bodrogkeredztur

Bodrogkeredztur
[PREHIST]

Facies cultural do Calcolítico (III milenio) localizada en Tokaj (Hungría), continuación da de Tiszapolgar. Son coñecidas as súas necrópoles, caracterizadas pola presenza de vasillas con dúas asas, copas con pé oco e machados de cobre. Así mesmo, do estudo das necrópoles dedúcese a existencia de diferencias sociais: os homes descansan sobre o seu lado dereito xunto cun coitelo de sílex e as mulleres sobre o esquerdo xunto con colares de perlas e xoias de ouro. Tamén parece existir unha disposición diferenciada en relación co rango do individuo enterrado.

Palabras veciñas

bodoni | Bodoni, Giovanni Battista | bodoque | Bodrogkeredztur | Bodt, Jean de | Bodwapithecus | body art*